Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
O CONCELLO ARRAMPLOU CUNHA ZONA VERDE PARA FACER O CENTRO COMERCIAL EN ELVIÑA

Investigan posíbeis irregularidades na ampliación dos mercados municipais coruñeses

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está investigando se houbo algunha irregularidade na reforma dos mercados municipais de Elviña e da praza de Lugo. O Concello da Coruña arramplou cun xardín público e cun parque infantil na zona de Monelos. Segundo denuncia o xornal La Opinión, a petición fíxoa a Concellería de Medio Ambiente. Este medio subliña que o administrador do centro comercial de Elviña é, curiosamente, irmán do xefe de Servizo de Medio Ambiente do municipio, Florencio Cardador.

- 10:05 25/01/2007
Tags:

O departamento municipal pediu no verán de 2004 a modificación do Plan Xeral para reconstruír o mercado de Elviña. A Consellería de Política Territorial deulle luz verde a estes plans na primavera de 2005. Segundo o xornal coruñés, a comisión de goberno adxudicou en 2003 a construción do mercado e do aparcadoiro da praza de Elviña á única empresa que se presentou a concurso, Bigmall Ibérica. A modificación posterior do Plan Xeral revalorizou o proxecto e deulle máis beneficios á empresa adxudicataria.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: