Manuel Jove, presidente de Fadesa, farase coa propiedade do parque de atraccións madrileño Warner, despois de que Martinsa adquira a inmobiliaria galega. Deste xeito, Fernando Martín poderá financiar os 4.045 millóns de euros que lle custará crear a futura Martinsa-Fadesa. Aínda que non están decididos os termos económicos da transacción, existe a posibilidade de que Jove poida desenvolver os terreos lindeiros co parque, con hoteis, parques acuáticos, centros comerciais, restaurantes, un casino e un campo de golf. A CNMV podería aprobar a OPA a vindeira semana.