Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A INICIATIVA PARTE DE ASOCIACIÓNS DE FRANCIA, ALEMAÑA, NORUEGA E FINLANDIA

Consumidores europeos esíxenlle a Apple que faga compatíbel o iTunes

Catro das organizacións de consumidores máis importantes de Europa pediranlle a Apple que abra o seu sistema de venda de música pola rede iTunes-iPod para que sexa compatíbel con outras plataformas competidoras. A francesa UFC-Que Choisir, a federación de consumidores alemá VZBV e os mediadores de consumo de Noruega e de Finlandia uníronse nunha loita para conseguir que os arquivos vendidos na tenda de Apple se poidan reproducir noutros lectores, e non só nos seus iPod, como acontece na actualidade. Por iso, pídenlle á compañía que resolva o asunto antes de setembro do 2007.

- 10:59 24/01/2007
Tags:

As asociacións ofrecen varias posibilidades: negociar cos editores musicais a explotación dos arquivos sen a protección anticopia DRM, compartir a licenza do seu sistema, ou ben empregar unha protección estándar. Ademais, a alianza de asociacións pídelle a Apple que suprima as cláusulas abusivas do contrato de iTunes Music.

A petición das catro entidades non é tanto obrigar a iTunes a adoptar o formato MP3 como a desenvolver unha protección compatíbel, algo que polo de agora non está definido tecnicamente e que esixiría un acordo entre Microsoft e Apple. O comunicado mándalle tamén un sinal a outras empresas de novas tecnoloxías, que haberán de ter en conta de agora en diante a compatibilidade á hora de deseñar as súas estratexias futuras.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: