O xacemento recentemente descuberto levou a Novo Aripuanã, ao sur do Amazonas, a máis de dez mil persoas atraídas pola febre do ouro, creando o caos nesta zona de selva e no contorno de Apuí, a cidade máis próxima. Cara ao control da situación, os garimpeiros pretenden agora a legalización do traballo, despois de fundar unha cooperativa que xa solicitou a autorización do goberno para a explotación.
A actividade económica desenvolvida na zona é xa elevada, non só polas propias cantidades de ouro extraído senón tamén polos negocios, que abrollan no lugar, moitos deles ilegais, desde o subministro de ferramentas até a prostitución, causando a queixa das autoridades da zona.
Os garimpeiros tentan que o goberno conceda a licenza ambiental para traballar legalmente nesta área á beira do río Juma, en pleno Amazonas e a 70 km de Apuí, a cidade máis próxima. A chegada de milleiros de persoas ao lugar xa causou a destrución de arredor de medio cento de hectáreas protexidas de selva amazónica.
Poden ampliar no Jornal Nortão e no Estadão.