Na carreira cara ás eleccións municipais de maio, o Partido Galeguista segue a demostrar o seu cosmopolitismo abrindo unha web en inglés. Galician-party.com non destaca pola súa variedade de contidos, pero xa ofrece unha versión da súa proposta de Estatuto na lingua de Shakespeare. Pero con mensaxes tan macarrónicas como "Click to redirect him web site" ou "Do not even give them now" dificilmente poderán captar os votos dos galegos anglofalantes.