Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA LIBRE CONSULTA DOS VECIÑOS

O candidato do BNG lugués fará público na rede o seu patrimonio

Coa meta de que a política "se abra á cidadanía e que a cidadanía controle os políticos", anuncia o candidato do Bloque en Lugo, Xosé Anxo Lage, a próxima presentación en internet dunha declaración de bens persoal que será de acceso público a todos os veciños. Ademais do seu patrimonio actual, Lage incluirá tamén as cifras de 1997, antes de que entrase como concelleiro e formase parte do equipo de goberno municipal. Os políticos lugueses seguen así sendo pioneiros no uso das ferramentas tecnolóxicas a disposición dos veciños. Este mesmo mércores, o alcalde, o socialista Xosé Clemente López Orozco, ten tamén outra cita cos veciños a través do chat.

  • Só cinco departamentos da Xunta publicaron ata agora os soldos dos altos cargos
  • Precampaña ourensá no blogomillo

- 08:02 23/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)