Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Pérez Castrillo xa é oficialmente candidato do BNG

Cun cheo total como xa é habitual, o BNG apresentou onte, dun xeito oficial, as oito da noite no Centro Cultural Caixavigo, ó seu candidato para á alcaldía nas próximas eleccións locais, Lois Pérez Castrillo.

- 00:57 16/03/1999
Tags:

Os simpatizantes e militantes desta formación, aplaudiron a presencia de Xosé Manuel Beiras, o lider indiscutible do BNG e tamén, a do candidato ó Parlamento Europeo, Camilo Nogueira. Ambolos dous acompañaron onte a Lois Pérez Castrillo na súa presentación oficial como candidato á alcaldía da cidade. Beiras reseñou, no decurso da súa intervención, o importante cambio na mentalidade que sofriu a sociedade galega nos derradeiros anos e, destacou tamén que este é o momento idóneo para o nacionalismo na nosa sociedade. Pola súa banda, o candidato, Lois Pérez Castrillo, destacou a necesidade de ter un cambio no goberno vigués para, poder ofecer ós cidadáns o que estes demandan. Dixo tamén que, "O máis importante para o BNG é gañar a alcaldía de Vigo, gañala para tódolos vigueses. Para recuperar o orgullo de seren vigués e facer desta cidade, unha cidade de progreso e de benestar social, para rematar cun cuatrienio de goberno negro do Partido Popular".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: