Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RACHA O PARTIDO NO CONCELLO

Ares: Outra fenda do PPdeG en Ferrolterra

O alcalde de Ares, Xosé Manuel Cendán, debera buscar novo equipo para repetir candidatura á fronte do PPdeG nas próximas eleccións. Os outros cinco concelleiros populares, o irmán do rexedor incluído, avanzaron xa a súa saída do partido. Polo momento non trascendeu se os edís se integrarán nalgunha das novas formacións políticas xurdidas nos últimos tempos ou optarán pola creación dun novo partido de ámbito local para acudiren aos próximos comicios municipais. En 2003, as urnas repartiran maioría de 6 concelleiros para o PPdeG, 3 para PSdeG e 2 para BNG.

- 08:00 17/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)