Detencións ilegais e arbitrarias, trato inhumano aos detidos, inexistencia de garantías para a liberdade de expresión e manifestación ou mesmo de tránsito... Son algunhas das conclusións da Comisión Civil Internacional polos Dereitos Humanos, CCIODH, sobre a situación en Oaxaca, México. De xeito concreto, documentan a morte de cando menos vinte activistas vencellados á Asemblea Popular do Pobo de Oaxaca, causada por ataques directos de grupos paramilitares e denuncian que o goberno insista en non recoñecer que estes sucesos están acontecendo.