A ONU difundira hai tempo un comunicado coas dez historias máis esquecidas pola prensa, co titulo Dez historias que o mundo precisa saber. Agora, a oenegué Médicos Sen Fronteiras, publica a súa novena lista anual das dez crises humanitarias máis graves e máis silenciadas: a tuberculose e desnutrición, ademais das consecuencias da guerra, devastan A República Centroafricana, conflitos como o de Haiti, Somalia, Colombia ou a India Central, son as maiores crises da humanidade e os medios dos países do Norte dedican apenas uns minutos no ano a reflectir o que acontece.
"Moitos conflitos que afectan a millóns e persoas en todo o mundo continúan a ser invisíbeis", afirma o diretor-executivo de MSF Nicolás de Torrente. "Haiti, por exemplo, a apenas 80 quilómetros dos EUA e os problemas en Porto Príncipe non merecen nin medio minuto na televisión ao longo dun ano". Andrew Tyndall, editor de "The Tyndall Report" observou que, dos dez casos sinalados por MSF, cinco nunca foron mencionados na televisión estadounidense. Como indica Torrente. "Sabemos que a cobertura da prensa non promove mellorías en por si, pero é unha condición para o aumento da asistencia e atención política".
- Violencia na República Centro Africana: ao longo do 2006, a poboación civil volveu vivir outra onda de violencia, o que xa é habitual dende a independencia do país con respecto a Francia no 1960. Saqueos e queimas de fogares, unhas cen mil persoas obrigadas a abandonaren as súas casas e fuxiren para o Chad son a consecuencia. O ano pasado, MSF realizou máis de 200 intervencións cirúrxicas ao mes. A maioría dos nenos padecen malária, parasitos ou infeccións respiratorias agudas.
- Tuberculose: en Occidente xa consideramos a tuberculose como unha enfermedade do pasado, pero está a aumentar nos países en vías de desenvolvemento con alta prevalencia da VIH. A cada ano, a tuberculose mata dous millóns de persoas, e preto de nove millóns desenvolven a doenza. Os peores datos obtivéronse en África do Sur, onde o 10% dos enfermos desenvolveu a XDR TB, unha variante da tuberculose resistente aos antibióticos. Con todo, os medicamentos e o método usado para detectar a tuberculose (o microscopio sputum) non son eficaces de todo, e menos para persos afectadas pola VIH/SIDA. "O feito de que a tuberculose destrúa millóns de vidas en todo o mundo a cada ano demostra que a abordaxe actual non está funcionando", afirma o Dr. Tido von Schoen-Angerer, director da Campaña de Acesso a Medicamentos Esenciais de Médicos Sen Fronteiras.
- As consecuencias do conflito en Chechenia: Doce anos de guerra que xeraron un dos maiores grupos de refuxiados do mundo. Actualmente estanse a reconstruír a capital, Grozny, , pero aínda queda moita xente sen fogar. MSF continúa ofrecendo asistencia médica e psicosocial aos chechenos mais vulneráveis, nos centros de acollida e nas áreas rurais pobres, onde a infraestrutura de saúde é case inexistente.
- Lume cruzado en Sri-Lanka: A poboación civil vive inmersa no lume cruzado ente o goberno e o grupo Liberación dos Tigres do Tâmil Eelam (LTTE), especialmente no leste e nordeste do país. O bombardeo continuo provoca o éxodo de decenas de miles de persoas. A violencia contra os civís é desmedida, e aínda morreron dezasete traballadores de Acción contra a Fame este pasado mes de agosto. As organizacións humanitarias están no punto de mira do goberno, o que limita a súa posibilidade de actuación.
- Desnutrición: Máis de 60 millóns de nenos amosan sinais de desnutrición aguda e corren o risco e morrer de non recibiren tratamento especializado. As unidades de emerxencia nutricional adotan actuar en zonas de conflito ou desprazamentos da poboación, pero existe desnutrición en países politicamente estábeis, mais marcados pola pobreza. Novos produtos terapétuicos e a invención dunha barra de leite e améndoa que promove a rápida recuperación de peso. En Níxer, 200.000 nenos foron tratados con éxito. Dende MSF demandan unha adaptación e implementación destes sistemas para que poidan ser utilizados.
- Violencia na República Democrática do Congo: no 2006 fixéronse as primeiras eleccións parlamentarias en décadas, pero a violencia continúa. No leste do país, rico en minerais, siguen grupos armados, incluíndo o Exército Nacional, a usar a forza contra a poboación civil. Decenas de miles de persoas tiveron que desprazarse dende Mai Mai até Dubie, onde viven en superpoboación e condicións misérrimas, sen disporen de campos de cultivo nin auga potábel. Ademais, a violencia contra as mulleres é alarmante en North Kivu, no leste do país. MSF combate repetidamente brochos de meninxite, malaria, cólera e xarampelo en todo o país.
- Guerra en Somalia: Somalia presenta un dos peores indicadores de saúde do mundo: a esperanza de vida no país é de 47 anos, e máis dun cuarto dos nenos morre antes de facer os cinco anos. As explosións de violencia na capital, Mogadiscio, puxéronse baixo o poder dunha coalición comandada polas Cortes Islámicas, que tomou pola forza o control das milicias. Pero en decembro, o Goberno Nacional de Transición, apoiado por Etiopía e Occidente, eliminou as Cortes Islámicas dos territorios controlados por eles. Ademais, as intensas choivas de nvembro fixeron rebordar os ríos Shebelle e Juba, deixando milleiros de persoas sen fogar e anegando os campos de cultivo. Ademais, poucas axencias humanitarias traballan en Somalia por mor do clima de violencia. É necesaria asistencia urxente.
- Vivir don medo en Colombia: Cinco décadaqs de conflitos que provocaron milleiros de desprazados. Masacres, execucións, intimidación e medo son a vida cotiá dos tes millóns de persoas que viven en Colombiaca. Entre o narcotráfico, as forzas militares do goberno, os grupos paramilitares, as guerrillas do ELN e as FARC, e malia intensificar o presidente Álvaro Uribe a campaña militar no 2002, a violencia e o sufrimento non diminuíron: as zonas retidas en conflito non gozan de condicións salubres nin seguras de vida. A saúde física e mental continúa sen tratamento.
- Violencia na capital haitiana: Port-au-Prince sofre a confrontación entre varios grupos armados, a Policía Nacional do Haiti e a Missión de Estabilización do Haití da ONU (MINUSTAH). Dende decembro do 2004, máis de sete mil persoas foron tratadas: 3.000 vítimas de tiroteos, ou 2.600 de ferida con arma branca. Ademais, son necesarios reforzos en tratamento obstétrico, e tratamento de vítimas de violencia sexual, tanto psicolóxico como médico.
- Conflitos na India central: No estado Chhattisgarh, na India Central, os confrontos entre os insurxentes Maoístas, as forzas de seguridade e as milicias anti-maoístas, Salwa Judum, provocan o desprazamento de máis de 50.000 civís. MSF ofrece tratamento médico en zonas nas que non existe ningún acceso á protección sanitaria.