Pague agora e asegure a máxima calidade nos chourizos, os xamóns e o touciño de mañá. A innovación comercial chega ao mercado da gastronomía tradicional cunha iniciativa dunha empresa da Fonsagrada. Por 60 euros ao mes e en 14 prazos, o consumidor ten dereito a un porco de raza celta, criado ao xeito tradicional e alimentado de forma "totalmente natural". Aseguran os promotores que o sistema garante prezos até un 40% máis baixos que nas canles de mercado clásicas. Ao cabo de pouco máis dun ano, o cliente recibe unha media de 160 quilos de gorentosos víveres do país. Contan polo miúdo en Galicia Gastronómica.