Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O INFORME AMBIENTAL VAI ESTAR LISTO ANTES DE DOUS MESES

O goberno luso di que ten localizacións alternativas para a piscifactoría de Mira

Os plans de Pescanova para construír unha gran piscifactoría na localidade lusa de Mira teñen máis atrancos dos que se quere facer ver. O xornal portugués Diario Económico sinala que fontes do Ministerio de Ambiente recoñecen que se está á espera do informe ambiental que permita o proxecto. Hai que lembrar que os terreos elixidos, igual ca no Cabo Touriñán, pertencen á Rede Natura. Aínda que dende o goberno luso pensan que non vai haber problemas co informe, matizan que, en caso de habelos, terían xa buscados asentamentos alternativos, algo que non quixo a empresa no noso país. O informe ambiental estará listo nun prazo máximo de dous meses.

  • O capital non ten corazón, e ás veces, nin iso, artigo de Daniel López Muñoz no Canal Irimia.

- 10:31 16/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)