Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRIMEIRAS XIRAS ATOPADAS POLA REDE

A Rede Galega de Música ao Vivo comeza a funcionar

Hai unhas semanas saíu a listaxe definitiva de salas e de grupos que participan na convocatoria do IGAEM para a Rede de Música ao Vivo, e xa están pechadas a maioría das programacións. A través da rede xa puidemos coñecer os plans dunha chea de grupos da modalidade A (é dicir, os que están botando a andar ou os menos coñecidos), que adoitan recorrer aos blogs e ao My Space para térennos ao tanto. Aquí vai un adianto dos concertos que van facer ferver Galiza ao longo deste ano.

- 13:33 18/01/2007
Tags:

Dos primeiros foi O Leo i Arremecághona!!! que xa pechou unha xira de trece concertos coas súas dúas propostas: en primeiro lugar, un espectáculo que lembra o repertorio de cantautor. A lembranza de Zeca Afonso e Voces Ceibes protagoniza o espectáculo d'O Leio, que poderemos ver no local social A Revolta o 20 de xaneiro (como abreconcertos do seu outro alter ego, Arremecághona). E por outra banda, a recén nada Arremecághona's Produçións presenta "Xira e aghomita!", un novo espectáculo do cantautor punki que vestía de faralaes (seica pretende cambiar de modelo): A Casa d'Arriba, de Vigo, acolle a estrea o 1 de febreiro, e logo continúa o mes no Escarabajo da Guarda o 3, con Ataque Escampe, que tamén participan na Rede, e no Marrucho en Baiona o día 10. Segue o 29 de marzo no Pub d'Antón, na Laracha, e o 31 no Gatos de Melide, o 21 de abril en Antano (Outes) e o 28 na Fragua (Redondela). En maio, pasa a véspera do Día das Letras no Baranda do Barco de Valdeorras, e en xuño, logo de pasar polo Clavicémbalo de Lugo o 7, vai á Fábrica de Chocolate viguesa o 14 e ao Clandestino de Nigrán o 30. Á volta do verán estará o 6 de outubro no Jazz Vides, da Coruña, o 13 no Café Auriense, e remata o 19 no Barriga Verde de Lalín.

Do folc...
Lume presentan Folk Express o 2 de febreiro na Dzine, en San Sadurniño, o 23 na sala sarriá Planeta, o 10 de marzo na Auriense (na cidade case homónima), o 16 na Clavicémbalo de Lugo, e o 17 na Antano de Outes. Xa en abril, pasarán polo Roi Xordo de Allariz o 5, e pola Sala Gatos de Melide o 27. Ademais de estar en Sestao na Semana das Letras, volvendo ao rego da Rede Galega de Música ao Vivo, en xuño pasan pola Fábrica de Chocolate de Vigo o día 6, e polo Café de Antón de Laracha ao día seguinte.



Ergom (quinteto ourensán que mestura folc con rock) avisan xa de que o 10 de febreiro estarán no Con do Moucho (Illa de Arousa), ianugurando a súa xira polas salas galegas.
A forza do ska de Kogito, despois do paso o 16 de febreiro polo pub Metro de Goián, estréase o día 21 na Rede Galega de Música Ao Vivo na Sala Ensanche de Vigo

... Ao rock
Os coruñeses Snail estarán o 23 de febreiro na Sala A! de Vigo, e o 17 de marzo na Cervecería Dublín de Carballo.

Outros que non paran: Ragdog comezan xa esta fin de semana, o día 13, con Ibídem, na Fábrica de Chocolate. En febreiro seguen por Vigo o 9, na Sala A!, o 15 estarán no Pub D'Anton na Laracha, o 17 con Miguel Costas no teatro Xesteira, e o 24 na chantadina Sala Mogay. O 8 de marzo pásano na sala Ache de Marín, o 14, no Ensanche Vigués, e xa o 13 de abril van á sala Baranda do Barco. O 21 estarán na Marrucho en Baiona. O 4 de maio a Remache de Vigo, o 11 a Karma de Pontevedra, e, para rematar, o 20 e outubro están no Con do Moucho arousán.



Phantom Club, mestizaxe viguesa-bonaerense que dá unha cousa entre o rock e o funk: o 10 de febreiro no Xesteiro (Ourense), o 3 de marzo en Zona Zero (Caldas), o 21 no Ensanche vigués e o 22 no Pub D'Antón en Laracha. Xa en abril, volve a Vigo (ao Remache, concretamente) o día 6, pasa polo "Salón Parroquial" ponteareán o 13, pola Sala Mogay de Chantada o 21, e polo Vagalume de Salvaterra do Miño o 28. O 4 de maio están na pontevedresa Karma, o 16, na Fábrica, en Vigo, e o 28 no Clavicémbalo de Lugo. Abren xuño, o día 1, na Baranda de Valdeorras, e xa en novembro, o 16 pasan por Jazz As Vides, na Coruña. Rematan este ano tan atafegado o 7 de decembro no Woodstock de Portonovo.

Os lugueses Ocean's Garden, que lle dan ao rock progresivo, empezan a xira no Xesteira ourensán o 8 de marzo, siguen no Auriense o 14 de abril, e o 28 deste mes xa van para a súa terra, ao Clavicémbalo. O 5 de maio están na Planeta de Sarria, o 12 na Karma de Pontevedra, e logo descansan até outubro. Nese mes estarán o 11 no D'Anton Rock Café de Laracha, o 19 no pub Kilé, de Ordes, e, xa en novemebro, o 2 na Baranda do Barco e o 23 no Gatos de Melide. Rematan o ano na Mogay de Chantada (o 1 do decembro) e, o día 6, na Ache, en Marín.

Dreams of Dolly Sheep estarán o 15 de febreiro no Xesteira, en Ourense, e o 23 na Fábrica, o 27 de abril no Remache de Vigo, e o 1 de xuño no Kilé, de Ordes. O 9 irán ao "Salón Parroquial" de Ponteareas, e o 23, ao Auriense. Retoman a actividade despois do verán, comezando o 24 de novembro no Clavicémbalo, en Lugo. E xa en decembro, estarán o día 7 na sala Son de Cangas, e o 15 na Fragua (Redondela)



O dúo lugués Telémaco comeza a súa andaina o 9 de novembro no Aturuxo, en Bueu, e un mes despois estará na sala 600, en Melide. O 10 de marzo, na Planeta, de Sarria, e o 23 en Woodstock (o de Portonovo). Saben que en maio andarán pola Fragua de Redondela, pero aínda non teñen a data exacta. Á volta das vacacións, o 19 de outubro estarán na sala Remache de Vigo, o 2 de novembro na Zona Zero de Caldas, o 29 na Casa das Crechas, en Compostela, e o día dos Inocentes van dar ao Barco de Valdeorras, á sala Baranda.

Thunn, unha banda de Moaña con moita retranca e querencia polo satánico, abre a xira o 22 de febreiro en Laracha (Sala D'Antón), para o 24 de marzo na Fábrica, estará o 1 de abril no Aturuxo, con SOAK, e o 20 dese mes no Remache de Vigo. O 25 de maio pasarán por Auriense café cultural, e o 2 de xuño pola sala Vagalume, de Salvaterra do Miño. O 16 van até o Clavicémbalo de Lugo, e abren o curso o 19 de outubro na Sala DZine, en San Sadurniño. O 2 de novembro pasan pola Kilé de Ordes e rematan en Chantada: a sala Mogay acólleos o 17 de novembro. Cantan en inglés e castelán.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: