Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LE PEN E A NETA DE MUSSOLINI SON ALGÚNS DOS SEUS "ILUSTRES" MEMBROS

A ultradereita europea crea o partido "Identidade, Tradición, Soberanía"

Os ultradereitistas xa contan cun partido de referencia na UE. Aínda que a súa presentación oficial será o luns na sesión plenaria do Parlamento de Estrasburgo, o novo grupo xa é unha realidade. A formación que leva por nome Identidade, Tradición, Soberanía, ITS, defenderá na Eurocámara, segundo manifestou o seu presidente, o eurodeputado francés da Fronte Nacional Bruno Gollnisch, "os valores cristiáns, a familia tradicional e a herdanza e cultura da civilización europea". Cómpre lembrar que tras estes valores cando menos respetábeis, agóchanse eurodeputados coma Jean-Marie Le Pen ou Alessandra Mussolini.

- 16:42 11/01/2007
Tags:

ITS estará composto por sete eurodiputados franceses da Fronte Nacional; cinco romaneses do partido Romania Mare; tres belgas dos independentistas flamencos do Vlaams Belang; dous italianos, entre eles a neta de Mussolini, de Azione Sociale; un austriaco, do FPÖ que encabezara o polémico Haider até o 2000; un británico independiente e un búlgaro de Ataka. Entre os principios que perseguen figura tamén a defensa dos "intereses nacionais", "soberanías, identidades e diferenzas", así como a oposición a unha Europa "unitaria, burocrática e a un super-Estado europeo".

  • Anteriores: A ultradereita, a piques de acadar grupo propio na Eurocámara


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: