A sala Nasa presenta un ciclo que trae música e teatro da outra beira do Miño (e do Xurés), o máis novo que se está a facer en Portugal, fuxindo dos estilos e dos formatos máis tópicos. Coñeceremos a cara máis contemporánea e plural da cultura portuguesa, co obxectivo de que se normalice a presenza das artes escénicas portuguesas na carteleira galega e se promova un contacto directo entre os creadores dunha e doutra banda. Algo semellante ao proposto por Audiência Zero (que, por certo, estrea web o día 15), no seu Proxecto Eixo. Para abrir boca, a música electrónica de Bangguru e dos "apologhiteiros" Trabalhadores do Comércio. Lembrades as súas Febras do sábado à noite? En Máis Alá podedes vir o videoclip.