Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS USA PARTICIPARON ACTIVAMENTE NA ELABORACIÓN DO PROXETO DE LEI QUE O POSIBILITA

O 75% dos beneficios do petróleo iraquí pode quedar en mans estranxeiras

O xornal británico The Independent publica na súa edición deste domingo que a exploración das reservas de petróleo iraquí poderían quedar abertas aos intereses de empresas occidentais. Esta decisión mantense á espera de que o parlamento de Irak aprobe unha lei que será apresentada nos próximos días. De ser así, as compañías estranxeiras poderían chegar a acaparar o 75% dos beneficios do negocio.

- 13:37 08/01/2007
Tags:

Segundo o rotativo londinense, que tivo acceso a un borrador deste proxeto de lei, o goberno dos USA participou activamente na elaboración desta proposta. De ser aprobada, compañías como BP, Shell ou Exxon poderían acadar contratos de trinta anos de duración para extraer o petróleo da terceira maior reserva mundial. Cómpre lembrar que dende 1972, cando a industria fora nacionalizada, nunca as empresas foráneas tiveron acceso a explotación do chamado "ouro negro" iraquí.

Executivos da industria petrolifera defenden a aprobación desta lei coma "única forma de reactivar a produción en Irak, tras anos de sancións, guerra e emigración de técnicos especialistas."


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: