No blog A torre da derrotA, Alberte fai un repaso das súas lecturas ao longo do 2006, entre elas, o libro de palíndromos de Gonzalo Navaza que dá nome ao seu blog, clásicos como O principiño de Saint Exupèry, A metamorfose de Kafka ou Con pólvora e magnolias, de Ferrín, ou narrativa actual (Resistencia, de Rosa Aneiros). Mesmo recoñece terse esmendrellado coa novela de Etgar Keret traducida en Rinoceronte, e que, lembremos, será presentada en Tel Aviv o 22 de xaneiro. Tamén admite que se lle atragoaron O Quixote e Os libros arden mal, de Manuel Rivas. E vós, que? Que lestes este ano, que libros vos encantaron e con cales non puidestes?