O monopolio no mercado informático de Microsoft leva espertando críticas moitos anos, cos internautas revisando polo miúdo calquera proxecto da empresa e paso do seu fundador e gurú, Bill Gates. Na rede está aínda Evil Empire, bitácora xa pechada e dedicada a publicar noticias críticas co xigante da informática. Desta volta chéganos mapa gráfico do imperio Microsoft, unha representación en clave bélica das frontes comerciais abertas pola empresa de Gates.