Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AMBIGUA DECLARACIÓN DO NOVO SECRETARIO XERAL DA ONU

Ban Ki-Moon evita condenar a pena de morte

"Sadam Hussein foi responsábel de cometer terríbeis crimes e atrocidades contra o seu pobo e nunca debemos esquecer esas vítimas". Foron as palabras de Ban Ki-Moon, novo secretario xeral das Nacións Unidas, no seu primeiro día despois da toma de posesión oficial do seu cargo á fronte do organismo internacional. O diplomático coreano abre así con polémica o seu mandato ao preguntárselle directamente pola aplicación da pena de morte en Iraq e evitar condenar a sentenza. "É unha decisión de cada país", afirmou ao respecto. A súa ambigüidade sobre o tema contrasta coa posición do secretario xeral saínte, Kofi Annan, quen viña de pronunciarse novamente en contra das execucións hai poucos días, en misiva oficial ao presidente de Libia, pedíndolle que anulase condena a morte a cinco enfermeiras búlgaras.

- 07:06 03/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)