Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A PROPOSICIÓN DO BNG PIDE QUE OS CARGOS PÚBLICOS SEXAN OS PRIMEIROS EN DAR EXEMPLO

Propoñen que a Xunta promova a galeguización dos nomes e apelidos

Unha proposición non de lei do BNG insta a Xunta para que se poña en marcha unha campaña de concienciación social para animar os adultos a galeguizaren o seu nome. A proposta, presentada polo parlamentario Bieito Lobeira, contempla, nunha primeira fase, que sexan os propios cargos públicos os que dean exemplo recuperando os seus nomes e apelidos na nosa lingua, ademais doutras persoas de relevancia social en eidos coma o deporte, as artes, a economía ou a relixión. A proposición non de lei solicita, asemade, que se publicite a posibilidade de restituír as formas autóctonas orixinais dos apelidos españolizados e se lembre que existe a libre opción de ordenalos nos fillos e fillas, como dita a Lei 40/1999.

- 13:50 02/01/2007
Tags:

Na súa exposición, Lobeira lembra que moitos apelidos galegos están a desaparecer, co que considera que se perde parte da nosa identidade. O parlamentario nacionalista culpa a Igrexa Católica e o funcionariado da españolización histórica dos patronímicos do noso país, e afirma que, se nalgúns casos se conservaron, foron pola ignorancia do poder sobre a súa orixe. O proceso está tan avanzado que, segundo os datos da cartografía dos apelidos elaborada polo Instituto da Lingua Galega da USC xa se perderon formas autóctonas como Toxo ou Xesteiro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: