Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALMIRÓN TERÍA PARTICIPADO EN VARIOS ASASINATOS

Detido un terrorista da ultradereita arxentina que foi xefe de escolta de Fraga

Rodolfo Almirón Sena considerado o xefe da organización terrorista AAA (Alianza Anticomunista Arxentina) foi detido o pasado xoves en Valencia. Rodolfo Almirón, de 70 anos de idade, vivía en España dende 1975. Durante algúns anos e ata 1983 Almirón, presunto autor directo de varios asasinatos, traballou como xefe de seguridade de Manuel Fraga, que naquel entón lideraba a Alianza Popular. O Movimiento de Argentinos en el Exterior presentou unha querela contra Almirón e pediu que se citase na causa, entre outros, a Manuel Fraga e a Alberto Ruiz-Gallardón.

- 17:29 29/12/2006
Tags:

Almirón foi un estreito colaborador de Juan José López Rega, ex ministro do goberno de Isabel Perón. A chamada Triple A cometeu máis 600 asasinatos durante a segunda metade da decada dos 70.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: