A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) acaba de denunciar diante de Seprona a empresa "Pizarras del Oribio" por importantes danos no patrimonio etnográfico e natural das comarcas dos Ancares-Courel. Os ecoloxistas subliñan que a actividade industrial destruiu parte da ribeira do río Castelo, no municipio de Samos, alén de provocar gravísimos danos no patrimonio etnográfico: un mazo, cinco muíños, oito presas e varias pontellas e camiños. A asociación lembran que a zona é de especial interese natural. Máis información en Canal Verde.