Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADEGA DÁ A COÑECER OS SEUS GALARDÓNS ANUAIS

Premio Osíxeno para os voluntarios do monte e Dioxina para o alcalde de Barro

A asociación ecoloxista Adega deu a coñecer os premios Osíxeno e Dioxina do ano. Logo da deliberación, o colectivo decidiu concederlle o premio Osíxeno Colectivo aos voluntarios do monte e no apartado individual a David Corral, un apicultor de Quiroga que defende a presenza do oso pardo nas terras do Courel, a pesar de sufrir estragos nas súas colmeas. O tirón de orellas en forma de premio Dioxina recaeu no apartado colectivo nos incendiarios. O pgalardón negativo individual concédeselle ao alcalde de Barro, Xosé Antón Landín, "pola súa actitude insolidaria" durante a crise incendiaria e polas actuacións urbanísticas que propiciou o seu goberno.

- 15:38 20/12/2006
Tags:

Os galardóns entregaranse durante a cea anual da asociación, que se celebrará o venres en Lugo. Adega vai aproveitar o evento para facer un balanzo de todas súas actividades ao longo de 2006. Dende o colectivo lembra que os que queiran asistir á cea teñen que telefonear ao 982 24 02 99 ou ao 981 57 00 99.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: