Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O LOCAL SOCIAL TEN VARIAS ACTIVIDADES

Nadal alternativo na Revolta

A loita contra o consumismo desaforado do Nadal, a celebración do fin de ano unha hora antes ou a aproximación á situación do eusquera, son algunhas das propostas do Centro Social a Revolta para este nadal: comezan o xoves 21, coa proxección do documental Consume até morrer ás 20:30. Nel seremos convidados a unha análise crítica á sociedade de consumo. Na mesma liña, o sábado 23 haberá unha festa Leilom, unha poxa de obxectos que xa no utilicemos e queiramos doar ao centro, a partir das seis. Para abrir boca, aquí temos un adianto do documental:

- 17:32 21/12/2006
Tags:

O mércores 27, celebraranse os 18 anos de existencia da Radio Piratona, a radio libre da Ría de Vigo, con persoas que participaron neste proxecto. O venres 29, ás oito e media, o profesor da AEK Eneko Sierra ofrece unha charla co título "Aproximación á situación do eusquera em Euskal Herria". E para rematar ben o ano, celebrarase o aninovo segundo a hora galega (unha hora antes da hora oficial).

Ska, ska, ska!
E aínda hai máis... Todo o nadal a ritmo de ska, aquel ritmo nado en Kingston a finais dos 50. Varios días, ás oito e media, serán proxectados filmes en DVD co mellor deste xénero. O día de Nadal (o 25), os vascos Betagarri abren o ciclo. E para comezar o ano (1 de xaneiro), máis ska eusquera: Skalariak. Xa o 7 de xaneiro, despois de gozarmos dos agasallos de reis, chegan os cataláns Obrint Pas. O ciclo péchase o día 14, coa gran figura: Bob Marley.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: