A asociación coruñesa Maribolheras Precárias prepara unha cuádrupla sesión de Nadal para este venres 22 á noite. A partir das nove, na fundación Luís Seoane, comezan as Nadal Sessions, que combinarán catro tradicionais actos destas datas: por unha parte, o sorteo de lotaría; por outra, o discurso da Raíña, e, ademais, a cea de Noiteboa e o baile de fin de ano, todo nunha soa velada. A organización recoméndalles aos asistentes que acudan vestidos de etiqueta perralleira e que leven a súa propia comida, pois será unha cea precaria. Maribolheras poñen as uvas, o cava, a música e o cotillón.