Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
18 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS MIGRACIÓNS

A ONU pídelle á Unión Europea que respecte os dereitos dos refuxiados

O 18 de decembro celébrase o día internacional das migracións, data fixada hai seis anos pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas debido ao importante número de inmigrantes que existe no mundo, e que segue a medrar cada ano. O 4 de decembro de 1990 adoptárase a Convención internacional sobre os dereitos dos traballadores emigrantes e dos seus familiares. Neste contexto, as Nacións Unidas pedíronlle a Alemaña, que presidirá a Unión Europea a partir do 1 de xaneiro, que tome medidas para protexer os refuxiados. O voceiro do Alto Comisionado para os Refuxiados, William Spindler, amosou a súa preocupación polo anuncio de que unha das prioridades da Unión será reforzar as súas fronteiras exteriores. Segundo o organismo internacional, a nova Europa dos 27 deberá manter os procedementos de asilo para a xente que precise protección internacional, polo que avogou polo estabelecemento dun sistema de asilo común europeo no ano 2010.

- 12:57 18/12/2006
Tags:

En Galiza, o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, inaugurou este mediodía na sala Teucro, de Pontevedra, a exposición fotográfica Meu pai, o inmigrante, de Federico Fernández Ackermann. Tamén os colexios conmemoraron a xornada de hoxe. A concellaría de Emigración e Inmigración de Compostela organizou unha marcha na que participaron 500 nenos e nenas de trece colexios da cidade encabezada por rapaces de distintos continentes que viven na capital galega. A actividade pretende concienciar os cativos da importancia de seren solidarios cos que veñen de fóra.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: