Actual deputado no Parlamento galego pola provincia da Coruña e estreito colaborador do novo equipo de Alberte Núñez Feijoo na executiva do PPdeG, Diego Calvo deixou este domingo a presidencia de Novas Xeracións do PPdeG. Malia os problemas internos do colectivo xuvenil dos populares, en marcado segundo plano durante o liderado de Manuel Fraga no PP galego e coa reorganización pendente a nivel local en moitas comarcas e cidades, atoparon consenso pouco antes desta cita no nome de María Seoane. Estudante de último curso de dereito, esta moza compostelá foi escollida nova presidenta do grupo. Poden ampliar na web do PPdeG.