Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS ONGs CRITICAN O DESINTERESE DO EXECUTIVO POR CONTROLAR ESTE COMERCIO

O goberno non responde aos compromisos para o regulamento da venda de armas

Arredor do 30% das armas fabricadas no Estado son vendidas a países en conflito, onde se violan os dereitos humanos ou con elevados niveis de pobreza, incumprindo xa que logo o código de conduta estabelecido pola Unión Europea. Hai un mes que o Congreso aprobou por unanimidade unha proposta que poñía un ano de prazo para que o executivo presentase un proxecto de lei para o control do comercio de armamento. Esta semana cumpriuse o tempo estabelecido e non hai noticia de que o goberno vaia facer pública iniciativa ningunha. Por isto, Amnistía Internacional, Greenpeace e Intermón, unen as súas voces para denunciar a falta de transparencia neste negocio e pedir unha lexislación que controle o comercio de armas.

  • A ONU denuncia que as armas seguen "causando pobreza, desestabilizando estados e freando o desenvolvemento"

- 08:30 14/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)