Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
VAN XA SETE MANS ENTRE TIRAPUXAS

O mural da Gentalha do Pichel en Santa Clara pervive baixo capas de pintura

A Gentalha do Pichel leva un ano decorando o muro de cemento da esquina de Santa Clara co lema ‘Compostela, 100% em galego’. A asociación afirma que xa lle foron dadas sete mans de pintura, despois de varios intentos de borralo por parte de operarios do Concello. Afirman tamén que a historia xa chega a ser motivo de expectación para a veciñanza, que agarda polos resultados deste oitavo intento.

- 17:30 13/12/2006
Tags:

O muro foi repintado en branco ou gris en varias ocasións, e, desta vez, a Gentalha salienta "acostuman deixar o muro máis feo aínda que cando a parede estaba totalmente núa, como se pode verificar nas fotos". Sobre as letras negras e verdes do lema podemos ver borróns grises, que tamén cubren o pichel que empregan como logotipo. Por riba do último borrón, alguén escribiu en vermello "así deixou o mural o goberno municipal".


4,5/5 (2 votos)