O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a Lei do Libro e da Lectura, que presentou a Consellería de Cultura logo de meses de consultas co sector. Segundo explicou a titular do departamento, Ánxela Bugallo, a lei dalle ao libro galego un valor "estratéxico" e pretende fomentar a lectura como "instrumento de educación de cidadáns activos". A nova norma tamén contempla axudas para a modernización tecnolóxica do sector. Entre as iniciativas hai que salientar a informatización do Centro Superior Biblográfico e das redes de bibliotecas