Os milleiros de tendas do imperio Inditex renden millóns de euros en todo o planeta a cada segundo que pasa, pero alén deses ingresos, a conta de Amancio Ortega engorda tamén por outras vías. O empresario leva tempo investindo as súas ganancias en negocios diversos, especialmente no eido inmobiliario. Desde A Coruña a Barcelona, pasando por Madrid, algunhas das vivendas, hoteis e locais comerciais máis valorados en cidades de todo o Estado son propiedade do tsar galego da moda. En La Gaceta de los Negocios fixeron conta da súa traxectoria desde a entrada en bolsa de Inditex, en 2001, e concluíron que os mil millóns de euros investidos por Ortega desde aquela, permítenlle xa ingresar por rendas até 450 mil euros por día.