Elizabeth Boldes, de 116 anos de idade, estaba rexistrada no libro Guiness como a persoa máis vella do mundo. A anciá finou, segundo o xornal The Houston Chronicle esta semana nunha clínica de Menphis, nos Estados Unidos. Bolden, que vivía nunha clínica dende 2004, deixa unha familia mais que numerosa: 40 netos, 75 bisnetos e 450 tataranetos. Logo da súa morte, o home máis vello do mundo pasa a ser o portorriqueño Emiliano Mercado del Toro, que ten 115.