Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A UNICEF FAI 60 ANOS PUBLICANDO UN RELATORIO SOBRE O ESTADO DOS MENORES NO MUNDO

A igualdade de xénero é fundamental para mellorar a situación da infancia

O 11 de decembro cúmprense 60 anos dende a fundación do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef). A institución, creada nun principio pola ONU para atender as necesidades dos nenos despois da Segunda Guerra Mundial, converteuse no principal instrumento para a defensa do benestar e dos dereitos da infancia en todo o mundo. Coincidindo co aniversario, a Unicef publica o relatorio "Situación mundial da infancia 2007", no que conclúe que promover a igualdade de xénero pode mellorar tanto o benestar das mulleres coma o dos nenos e nenas.

- 12:58 11/12/2006
Tags:

O informe, titulado "A muller e a infancia: o duplo dividendo da igualdade de xénero", presentouse este mediodía simultaneamente en todo o mundo. No caso de Galiza, a presentación fíxose no Club Internacional de Prensa, en Compostela. O traballo fai unha análise da situación de discriminación que viven as mulleres ao longo da súa vida e achega solucións para eliminar a desigualdade e impulsar a autonomía das mulleres e das nenas. No documento faise unha análise da situación da muller no mundo e de como a igualdade de xénero pode contribuír a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. A Unicef chega á conclusión de que investir nos dereitos da muller terá beneficios tanto no avance dos dereitos das mulleres coma dos nenos e nenas.

Sesenta anos despois da creación da Unicef, aínda morren cada ano dez millóns de cativos, xeralmente por doenzas que se poderían evitar mediante remedios tan sinxelos como a vacinación. A taxa máis elevada de mortalidade infantil dáse na África subsahariana, onde se rexistran 162 mortes por cada mil nados.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: