Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[VELA]

Accidentado comezo de Echávarri e Paz no mundial de tornado

A choiva e o vento marcaron a primeira xornada do mundial de clase tornado que se está a desputar en San Isidro (Bos Aires). Os dous regatistas galegos do equipo "movistar", Fernando Echávarri e Antón Paz, viviron un inicio de campionato accidentado logo de rachar os dous temóns da súa embarcación. "Hoxe foi un día difícil para nós" aseguraba Echávarri ao final da xornada. Logo da desputa das primeiras mangas, os galegos ocupan a oitava posición (11+13) dunha clasificación liderada polos franceses Revil e Espagnon con 2+5.

- 10:07 07/12/2006
Tags:

"Atopámonos cun campo de regatas en condicións complicadas e, como acostuma a ocorrer en moitos campionatos, comezamos nuns postos moi mellorábeis que nos deixan na oitava praza da xeral. Pero queda aínda moito campionato. Hoxe só foi o primeiro día" aseguraba o Fernando Echávarri pouco despois do remate desta primeira xornada de competición.

Case 50 embarcacións de 20 países tomaron a saída no campo de regatas de San Isidro para desputar finalmente dúas probas. Na primeira regata do día, con ventos de oito nós, foron os austríacos Hagara e Steinacher os vencedores, seguidos dos franceses Revil e Espagnon e da parella portorriqueña formada por Enrique Figueroa e Jorge Hernández.

Con 15 nós, na segunda manga foron os alemáns Polgar e Spaltheholz os que levaron o triunfo mentres que os bicampións mundiais Bundock e Ashby e os gregos Paschaladis e Trigonis foron segundos e terceiros respectivamente.

Clasificación xeral provisional
1. Revil/Espagnon (FRA), 2+5=7
2. Bundock/Ashby (AUS), 6+2=8
3. Hagara/Steinacher (AUT), 1+8=9
4. Polgar/Spalteholz (GER), 15+1=16
5. Booth/Nieuwenhis (NED), 4+12=16
… 8. Echávarri/Paz (GZ), 11+13=24


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: