Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS CENTROS EDUCATIVOS CONTARÁN CON 35.000 NOVOS ORDENADORES

A Xunta poñerá en marcha un programa de "alfabetización tecnolóxica"

O goberno galego vai poñer en marcha este curso un programa de promoción das novas tecnoloxías que dotará os centros educativos de 35.000 ordenadores e promoverá axudas ás familias para que merquen 20.000 equipos. O obxectivo desta acción é promover a "alfabetización tecnolóxica" e paliar a denominada fenda dixital, co que se vai garantir que todos os galegos teñan acceso á rede a, como máximo, trinta minutos do seu domicilio.

- 18:18 04/12/2006
Tags:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou, ademais, que Galiza é unha das comunidades nas que hai maior implantación da televisión dixital terrestre e anunciou a constitución, o vindeiro ano, dunha plataforma pola calidade dos contidos para as emisións televisivas, que permita acadar unha programación con atención á infancia e aos valores culturais galegos.

Así mesmo, Pérez Touriño dixo que o Goberno galego está a estudar a posta en marcha dun programa experimental de educación audiovisual en dous centros de ensino, que disporán de medios técnicos e humanos especializados. Estas declaracións fíxoas no acto de inauguración do II Encontro Internacional de Educación Audiovisual, que se celebra até o mércores en Santiago de Compostela.


0/5 (0 votos)