Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
I PREMIO DE TEATRO RADIOFÓNICO 'DIARIO CULTURAL'

Búscase a mellor historia para contar nas ondas

Despois da estrea de Novembro hai unha semana, a Radio Galega convoca o I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Poden participar todas as persoas que o desexen e non manteñan ningunha relación laboral coa CRTVG, que presenten un traballo orixinal e inédito en lingua galega. Os guións deben de estar pensados para unha duración non inferior a quince minutos nin superior a vinte, a temática é libre, e o reparto debe superar os cinco personaxes. Dende logo, admítense todos os recursos sonoros necesarios para darlle dramatismo: música, efectos, voz, silencio... Quen se anima?

- 16:52 04/12/2006
Tags:

"Ao longo da súa historia a radio foi plataforma de experimentación e soporte de creacións artísticas. Autores e creadores utilizaron e utilizan o medio radiofónico como soporte e canle creativa". Así se presenta o o I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, co fin de promover a creación actual dun corpus dramático no formato de teatro radiofónico. Promovido e organizado polo programa Diario Cultural da Radio Galega e polo Centro Dramático Galego e co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deporte, esta iniciativa quere fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio recuperando o xénero de teatro radiofónico e facilitar o diálogo entre a dramaturxia contemporánea e o medio radiofónico.

As obras seleccionadas polo xurado emitiranse na Radio Galega dramatizadas polo Centro Dramático Galego e editarase un libro-cedé cos textos finalistas. Xunto ao Premio do Xurado outorgarase un Premio da Audiencia.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: