Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN TOTAL DE 186 CONCELLOS GALEGOS PODERÍAN NON ACOLLERSE Á NORMA

A lei de igualdade non lle esixe a paridade nas listas políticas aos pequenos concellos

Este primeiro de decembro cúmprense 75 anos da aprobación da Constitución de 1931 que estabeleceu por vez primeira no Estado que as mulleres puidesen votar. En lembranza desta data, o Congreso propón que a xornada sexa declarada de agora en diante "Día do Sufraxio Universal". E porén, neste 75 aniversario da do dereito de voto feminino o sistema aínda lles pon cancelas ás mulleres. A través da bitácora Rúa do Sol descubrimos que a Lei orgánica de igualdade, malia mencionar que as candidaturas que se presenten nas eleccións municipais deberán ter unha composición equilibrada de homes e mulleres, de feito que ningún dos sexos supere como mínimo, o 40%, isto non será esixencia "nos municipios cun número de residentes igual ou inferior a 5.000 habitantes". Isto implica que 186 concellos galegos non terían que aplicar as condicións de igualdade.

- 11:58 01/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)