Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
IV MOSTRA PORTUGUESA

'No quarto da Vanda' abre o ciclo de cinema portugués no CGAI

O filme do director Pedro Costa abre este mércores 29 de novembro ás oito o ciclo de cinema portugués de ficción que acolle o CGAI dentro da IV Mostra Portuguesa que a Xunta de Galicia trae á nosa comunidade. O ciclo ha continuar nos vindeiros meses con Odete de João Pedro Rodrigues (o 2 de decembro ás 20:30), O espelho mágico de Manoel de Oliveira (o 13 de decembro á mesma hora), e A costa dos murmúrios de Margarida Cardoso (o 16 de decembro ás 18:00).

- 12:57 29/11/2006
Tags:

O "asceta do sur do Minho" trata neste filme a inmigración e a marxinalidade nos barrios lisboetas: Vanda é unha caboverdiana adicta á droga, reflectida no seu día a día en formato dixital. Seguindo a temática do seu anterior Ossos. Precisamente durante esta rodaxe, a propia Vanda Duarte comentoulle ao cineasta a posibilidade de facer un cinema máis natural: "Se me filmares, simplesmente...", e o director marchou ao cuarto dela a agrdar polos "bulldozers" que viñan tirar abaixo as "fontainhas", e aí naceu este filme. Unha mostra do chamado "cinema extremo."

Esta nova edición da Mostra Portuguesa amosa o interese que a cultura portuguesa esperta en Galiza e no conxunto de España. Organízana a Xunta, o Instituto Camões, a Embaixada de Portugal, os Ministerios de Asuntos Exteriores y Cooperación e Cultura e os concellos de Madrid e Zaragoza. Na súa cuarta edición, Galicia é a comunidade autónoma que conta con máis presenza na Mostra.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: