A profesora de Filosofía moral e política na Universidade de Santiago visita esta semana a cidade condal e impartirá unha conferencia co título "Donas de seu: o pensamento feminista en Galicia ou galego", nun acto organizado por Filologies Gallega i Portuguesa e polo Centre Dona i Literatura da Universidade de Barcelona.
María Xosé Agra Romero, profesora de Filosofía moral e política na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa investigación na Filosofía política contemporánea, concretamente nas teorías da xustiza e teoría crítica feminista. É Directora da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega, que elabora o Álbum das mulleres, forma parte do CIFEX, Centro de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da USC. Colabora en revistas como "A Trabe de Ouro", "Andaina", "Grial" e "Revista Portuguesa".
María Xosé Agra
Conferencia "Donas de seu: o pensamento feminista en Galicia ou galego"
Xoves 30 de novembro de 2006 ás 11:30
Edifici Josep Carner, Aula 3.6
c/ Aribau, 2 - 08007 Barcelona