Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUNHA REUNIÓN CON EMPRESARIOS

Caride di que a prohibición de edificar a menos de 500 metros da costa é provisional

A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, quixo tranquilizar á patronal galega. Nunha reunión con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) sinalou que os plans para prohibir as construccións a menos de 500 metros da costa son provisionais. Caride díxolles na xuntanza que, unha vez que os concellos adapten os seus plans urbanísticos, "en certas zonas a distancia máxima poderá ser de 200 metros", que é o que estipulaban xa as normativas vixentes.

- 18:49 27/11/2006
Tags:

O presidente da patronal galega, Antonio Fontenla, confía en que, cando os concellos adapten os seus plans urbanisticos, a distancia de protección da beiramar sexa menor. A conselleira explicou que a medida era cautelar para evitar a desfeita da costa. Pola súa banda, os representantes dos empresarios saíron satisfeitos da reunión.


0/5 (0 votos)