Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
GAÑADOR NA EDICIÓN 2005

O Cuarteto Quiroga na entrega de premios "El Primer Palau" 2006

A formación que levara o primeiro premio do certame na edición do ano pasado volve ao Palau de la Música coma invitado de honra no peche do ciclo e entrega de premios de hogano. El Primer Palau concédeo a Fundació Orfeó Català-Palau e combina o certame de música clásica cunha tempada de concertos dirixida á promoción dos novos intérpretes.

- 22:26 21/11/2006
Tags:

O Cuarteto Quiroga, composto por Aitor Hevia e Cibrán Sierra (violines) e máis Lander Etxebarria (viola) e Helena Poggio (viloncello), honra co seu nome o violinista pontevedrés Manuel Quiroga. Ten acadado diversos premios, algúns deles de proxección internacional como o recibido recentemente en Xinebra.

A xornada no Palau, que pecha o ciclo de concertos e fai e entrega dos premios El Primer Palau 2006, contará coa participación da Jove Orquestra Nacional de Catalunya e do dúo de pianos de Luis del Valle i Víctor del Valle dirixido por Manuel Valdivieso, gañadores do Primer Accèsit 2006.

Entrega de Premios 'El Primer Palau'
Mércores 22 de novembro, 22.30 h
Palau de la Música, Sala de Concertos
Sant Francesc de Paula, | 08003
Tel.: 93 295 7200


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: