Moitos xa os botaban en falta: a parella cómica do Luar, que chegou a acadar entidade como para teren programa de seu, volve coas súas excentricidades. O dúo integrado por
Víctor Fábregas e Xavier Manteiga (Tucho e Tonecho), con toda a galería de secundarios (Dorotea Bárcena, Mariana Carballal, Vicente de Souza, Pepo Suevos, Patricia Vázquez, Roberto Vilar...) xa está de novo nas nosas pantallas con espazos como "Pirados do Caribe" ou "As megapijas", nas que os protagonistas se caracterizan en diversos papeis. Tamén inclúe o concurso "Falabarato" no que dous membros do público compiten con monólogos de humor. Podemos ver un adianto en culturagalega: