Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[SQUASH]

Borja Golán gaña o aberto de Wolverhampton de squash

O santiagués Borja Golán acadou esta fin de semana o triunfo no aberto de Wolverhampton en Inglaterra. O galego suma así o seu decimo cuarto título da PSA, Asociación Profesional de Squash, catro deles conseguidos nesta tempada, (Grecia, Irlanda e Paquistán). Golán, que venceu na final a Lee Drew en corenta e cinco minutos por un claro 3-0 (11-6, 11-6, 11-6), espera que o título lle sirva para situarse entre os vinte primeiros do ranquin mundial.

- 08:50 21/11/2006
Tags:

Pouco despois da final, Borja Golán amosaba a súa ledicia por conseguir o triunfo nun país como Inglaterra. "Estou moi contendo por gañar aquí porque Inglaterra é o mellor país para o Squash, por iso é moi importante para min". O galego tamén agradeceu o apoio do público presente, "O público aplaude e apoia moito os xogadores, por iso é moi divertido xogar aquí".

As próximas citas para o santiagués serán no máster estatal de Pontevedra e no aberto de Arabia Saudita en decembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: