Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REUNIÓN DOS PROFESIONAIS DO SECTOR TIC GALEGO

A Noite Galega das Telecomunicacións aproveita para destacar a campaña do PuntoGal

Este venres 17 celébrase no Hotel Hesperia da Toxa a XI edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2006. Será punto de encontro para máis de trescentos profesionais do sector tecnolóxico galego, e servirá para o relanzamento do Proxecto PuntoGal, que quere conseguir para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet. Ademais, no acto organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, AETG-COETG vanse entregar os Premios Galicia das Telecomunicacións.

- 09:11 17/11/2006
Tags:

A presentación do Proxecto PuntoGal (.gal) á comunidade tecnolóxica de Galicia, será da man do presidente da Asociación PuntoGal e secretario da Real Academia Galega, Manuel González, que debullará as claves desta iniciativa. A continuación intervén o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, cunha exposición sobre o significado de Galiza, Comunidade Social e Lingüística no Mundo, previa á intervención do Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xavier Blanco, baixo o título Internet, instrumento de desenvolvemento para o País.

Ademais, entréganse as tradicionais distincións do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia: Premios Galicia das Telecomunicacións (Premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos, Premio á Mellor Aplicación TIC e Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais), distinción do Socio de Honra do COETG e recoñecemento ao Enxeñeiro do Ano.

Tamén se presentará em exclusiva para Galiza o sistema operativo Windows Vista&Office 2007, da empresa Microsoft. O director de Sistemas de Comunicación e Media da multinacional informática, Francisco Monteverde, falará tamén baixo o título TIC: novas formas de traballo e novos xeitos de vida.


Ligazóns

0/5 (0 votos)