Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR NUNCA MÁIS

Catro anos despois "outro Prestige aínda pode repetirse"

Segue existindo un alto risco no tránsito marítimo; Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio; seguen sen determinarse os "Lugares Refuxio" e os Centros de Almacenamento: a escaseza de medios é evidente; non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra; continúa a deterioración do noso medio mariño; permanece a débeda histórica do Estado, que non atendeu á súa obriga de protexer o litoral galego. Velaí os argumentos principais cos que Nunca Máis subliña que "é obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe marítima e medioambiental aínda é posíbel" e polo que se convocou a manifestación deste domingo 12 de novembro en Santiago. Máis información na web da Plataforma Nunca Máis. Anteriores:

  • A UE propón avanzar na vía penal contra os vertidos ao mar
  • Catro anos despois do Prestige haberá á fin Plan de Continxencias por Contaminación Mariña
  • Unanimidade no Parlamento para esixir un buque anticontaminación

- 12:42 12/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)