Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTAMINACIÓN NOS RÍOS

O goberno central sinala que o Concello de Caldas verte residuos ao Umia

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) detectou once focos contaminantes no río Umia dende o ano 2000. O goberno central recoñece que os responsábeis destes vertidos incluso son "organismos oficiais como é o caso do Concello de Caldas de Reis por carecer de depuradora e realizar vertidos directamente ao río". Ademais tamén apunta o goberno a empresas e particulares. A deputada do BNG Olaia Fernández Davila denuncia os continuos ataques que sofre este cauce fluvial, que tivo que soportar hai poucos meses o desastre ambiental provocado pola empresa Brenntag.

- 12:15 09/11/2006
Tags:

Fernández Davila lembrou as conclusións dun estudo da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Santiago. Naquel informe indicábase que a comezos do verán rexistráronse 177 focos contaminantes no Umia. Por esta razón, o BNG demandaba unha maior vixiancia e eficacia do Seprona. Tamén se demanda unha maior implicación e compromiso das institucións co medioambiente.


Ligazóns

5/5 (1 votos)