Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTREA EN GALIZA

O Cineclube convídanos a viaxar ao Leste con Wang Bing

O Cineclube de Compostela estrea o documental Tie Xi Qu (Ao Oeste dos camiños de ferro), realizado por Wang Bing no 2003. Poderemos velo ao longo do mes de novembro dividido nos seus catro capítulos. O horario é o habitual (mércores ás 22:00), no local social O Pichel. A proxeccións farase coa versión orixinal subtitulada en galego. É a primeira vez que se proxecta este filme en Galiza: o distrito Tie Xi, ao nordeste de China, converteuse en área industrial durante a ocupación xaponesa. Poderemos coñecer de primeira man a depresión experimentada pola zona, na que as fábricas son xa ruínas... e a xente, tamén.

- 13:48 07/11/2006
Tags:

O filme está dividido en catro episodios: Ferruxe abre as sesións, o mércores 8 e o 15: nel explóranse os cincuenta anos de control na economía planificada do sistema socialista chinés, ou a vida cotiá dos traballadores das fábricas. Vestixios, que veremos o día 22, focaliza un grupo de adolescentes vivindo cos seus pais na veciñanza, nun área chamada "Arco da Vella", que as autoridades locais quixeron demoler. E por último, Camiños de ferro (o día 30) céntrase na vía do tren que enlaza as fábricas e en dous homes: Du Xiyun e o seu fillo, desempregados que viven á marxe da sociedade e dependen das vías para a súa supervivencia. Mentres o mundo cambia ao redor deles, que teñen novas esperanzas no futuro, os seus amigos continúan co seu traballo as fábricas, ancorados no pasado.

Wang Bing (Shaanxi, China, 1967) estudou fotografía e logo entrou na Academia Cinematográfica de Beijing Film en 1995. Cineasta independente, iniciouse con Distortion, e logo veu o primeiro documental, Tie Xi Qu, que foi seleccionado no foro internacional do Festival de Cinema de Berlín no 2002 e obtivo o premio ao mellor documental internacional no Festival de Documental de Lisboa. A versión acabada gañou o Grand Prix no Festival de Documental de Marsella no 2003. Sobre este filme, Alberto Elena afirmou que sintetiza as formulacións e logros do novo
documentario chiné. Calificándoa de "auténtica obra mestra do movemento", prcíbeo como unha suma de métodos consagrados para o novo documentario chinés. "Tiexi Qu é unha obra participativa e de compromiso cívico, Tiexi Qu é unha obra encol da que cumprirá volver nos anos vindeiros".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: