O grupo galego achégase a Catalunya para actuar na Festa Major 2006 da Universitat Autònoma de Barcelona, o mediodía do xoves 9 de novembro, nun escenario que compartirá co grupo occitano 'Mirabèl' e a formación vasca 'Txalambé'. Pode que 'Loretta Martin' nos dea algunha sorpresa máis estes días, ollo ás vindeiras noticias.
Xoves 9 de novembro, na Praza Cívica da UAB
(diante da biblioteca de Comunicación e a Hemeroteca Xeral)
12.00 h, MIRABÈL
13.45 h, LORETTA MARTIN
15.30 h, TXALAMBÉ
Organiza: Arxiu Occità de la UAB.