Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LENTA REFORMA LEXISLATIVA

O voto en urna na emigración non chegará a tempo para as eleccións municipais

A longa historia de denuncia de irregularidades no voto da emigración e a propian polémica acontecida nas últimas eleccións autonómicas en Galiza, non axudaron a acelerar os cambios necesarios para eliminar toda dúbida no voto dos cidadáns residentes no exterior. Cara a finais de ano e toda vez que supere o trámite actual na Cámara alta, estaría vixente, logo da súa publicación no Boletín Oficial do Estado, o novo Estatuto do Emigrante. Así e todo, o secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, vén de recoñecer para Europa Press que a revisión lexislativa necesaria non chegará a tempo para que nas eleccións locais de 2007 os emigrantes poidan votar en urna. Rodríguez dixo agardar que a reforma estea lista para os comicios xerais de 2008 e indicou que a infraestrutura e o asociacionismo galego no exterior permitirá que nas autonómicas de 2009 arredor dun 80% dos galegos no exterior voten en urna.

  • A Xunta anuncia a reforma do voto emigrante e Feijoo pon dúbidas sobre a votación en 2005

- 08:00 06/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)