Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
CAIXANOVA ESPECULA NO MORRAZO

O Foro Social de Cangas valora os cambios no proxecto de Massó

Na reunión semanal do Foro analizáronse aspectos da noticia da presentación esta semán da proposta de modificación puntual das normas subsidiarias para o ámbito do Salgueirón e se realizaron as seguintes apreciacións que conveñen ser coñecidas polos cidadáns de Cangas:

- 19:30 03/11/2006
Tags:

O Salgueirón non estaba calificado como zona urbana na entrada en vigor da Lei de Costas de 1988, nin reunía as características esixidas para selo, acceso rodado, subministro de auga potable, electricidade e saneamento. Polo tanto a servidume de protección que lle corresponde é de 100 metros a partires do límite do dominio público marítimo terrestre, ampliable a 200 metros.

· A área natural Cabo Home das Normas Subsidiarias Provinciais de 1990, actualmente en vigor, comprende a costa entre Punta Area Brava e O Salgueirón, incluíndo os terreos da antiga baleeira, polo que a clasificación destes terreos será de Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais, coa prohibición de edificar nela.

· A entrada en vigor da lei de avaliación ambiental de Plans e Programas inclúe especificamente as modificacións menores, polo que esta proposta deberá pasar os correspondentes requisitos de avaliación ambiental e exposición pública.

· No 2004 Cangas era deficitaria en 270.000 m2 de espazos libres. Para absorber ese déficit e o que xenere a edificación actual e a prevista, o planeamento ten que contar co Salgueirón como zona de esparcimento para os habitantes de Cangas. As áreas naturais ou forestais non poden ser espazos libres.

· A liga de fútbol que os nenos dos colexios de Cangas viñan xogando dende sempre no campo de Massó acaba de suprimirse, xa que os propietarios, con Caixanova como accionista maioritario, veñen de prohibir o uso do Campo de Massó para que os nenos xoguen os partidos.

· Caixanova debe trocar a súa política de rapiña con Cangas e ceder O Salgueirón para usos comunitarios. A présa coa que pretenden desenvolver os seus pláns nos terreos de Massó débense a que a medida que pasa o tempo descubrense novas irregularidades que fan cada vez máis inviable o pelotazo urbanístico na zona.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: